O tenente de alcalde valora o Salón do Automóbil como un elemento de dinamización para o sector da automoción
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou hoxe a 19 edición do Salón do Automóbil de Vigo, que se celebrará do 1 ao 9 de maio. O nacionalista salientou a importancia que ten a celebración deste evento, pola promoción que ofrece da cidade, pero especialmente porque é un elemento dinamizador dun dos sectores máis importantes da economía da cidade: a automoción.
"Non é unha feira máis. É un evento que representa a un sector produtivo básico da cidade como é a automoción. Iso xa é en si mesmo un valor para este salón", explicou Santi Domínguez. Valorou tamén moi positivamente que este certame ten demostrado a súa capacidade de seguir medrando, nunha época na que a crise se deixa sentir e fixo que salóns como o de Madrid non se siga celebrando.
O tenente de alcalde explicou que o feito de que o ano pasado se acadara un volumen de negocio de 35 millóns de euros e nesta edición se agarde superar os 150.000 visitantes son cifras que demostrar a importancia desta feira para a economía viguesa. "Dinamizar o sector nestes momentos de crise é moi importante e o Salón do Automóbil, sen dúbida, contribúe en grande medida a elo", dixo.
O director do salón, José Enrique Elvira, explicou que este ano participarán 36 firma automobilísticas. O Mercedes SLS AMG,que non aparecerá no mercado ata outono, será a estrela dun monográfico, que ocupará 25 metros cadrados de superficie. Por primeira vez estarán en Vigo novidades como o Alfa Romeo Giulietta, o Audi A8 ou o Toyota Rav 4. Tamén se presentará no mercado galego Infinitti, a marca de luxo de Nissan. Outro dos elementos singulares do certamen serán as facilidades de financiación que Caixanova, patrocinadora do salón, ofrecerá aos seus clientes que merquen un vehículo na feira.
Por segundo ano consecutivo Motorocasión compartirá protagonismo co Salón do Automóbil do 6 ao 9 de maio. Como actividades paralelas se celebrará o IV Racingshow Caixanova o 1 de maio con figuras como Timo Salonen, Miki Biasion e Armingo Araujo, tamén se mantén a concentración de Porche e por primeira vez se montará unha pista de scalextric e un simulador de condución.
Descargar todas as imaxes