Vigo prepárase para acoller o Consello informal de Pesca a semana que ven
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofrecerá un almorzo o día 4 para dar a benvida aos ministros que se reunirán na cidade durante dous días para avanzar nas novas liñas que deberán rexir a Europa Azul. Será a primeira vez na historia de Vigo que os máximos responsables da pesca comunitaria reúnense na cidade.
Os Ministros de Pesca chegarán a Vigo o vindeiro martes 4 de maio e permanecerán na cidade ata o mércores 5. A importancia de que Vigo figure entre as cidades que acollen a cumbre durante a presidencia española da Unión Europea ven avalada pola trascendencia da actividade pesqueira na cidade olívica.
De feito, a importancia do porto vigués na pesca mundial, tanto en volume de capturas como en tráfico marítimo internacional, é indiscutible. Os datos falan por sí mesmos e reflicten que a pesca representa entre o 10 e o 11% do PIB galego. A cidade, sede da Axencia Europea de Pesca, recibe deste xeito un novo recoñecemento ao seu peso específico do complexo mar-industria na pesca comunitaria e internacional. O consello informal de Ministros de Pesca virá precedido por unha conferencia previa na Coruña que estará íntegramente adicada a reforma da política pesqueira común.
Xa a inicios do 2010 a cidade celebrou a presidencia española da Unión Europea sumándose a outros 41 edificios emblemáticos de toda España que cambiaron a súa imaxe habitual por un rostro azulado coma símbolo da Unión Europea.
Descargar todas as imaxes