A Corporación acorda elaborar un mapa de inmobles que se atopan en estado de ruinas
A moción do grupo municipal do Partido Popular, respaldada polos tres grupos municipais, posibilita a creación dun mapa de vivendas e edificios en estado ruinoso e derrumbe inminente, ademais de executar as devanditas ordes de derrubo segundo o estado do inmoble. O Pleno tamén acordou informar sobre a retirada da pedra antiga do pavimento do Casco Vello.
O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Vigo acordou hoxe luns por unanimidade a elaboración dun mapa de vivendas unifamiliares e edificios en estado ruinoso.
A moción, presentada polo Partido Popular, instaba ademais a executar as devanditas ordes de derrubo segundo o estado do inmoble. Os grupos municipais do PSOE e BNG votaron a prol do texto.
Por outra banda, e tamén a iniciativa do PP, o Pleno acordou informar á Corporación da retirada da pedra antiga dos pavimentos do Casco Vello, o volume retirado deste material, a súa valoración económica, a súa valoración económica, onde se almacena e cal vai ser o destino.
Outras mocións aprobadas polo Pleno demandaron o apoio á manifestación do 17 de maio en Santiago na defensa do galego, a contraria á supresión do Servizo Galego de Igualdade e pola retirada do anteproxecto de lei para a súa extinción e que os programas educativos do Concello sexan financiados axeitadamente pola Consellería de Educación e a Deputación de Pontevedra.
Descargar todas as imaxes