O Concello aproba o proxecto de humanización dos xardíns de Pereiró, con 300.000 euros de investimento
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da aprobación do proxecto de mellora dos xardíns da parroquia viguesa. A Xunta de Goberno Local deu luz verde á reforma, financiada con cargo o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, que incorporará novas xardineiras e zonas verdes, ademais do acondicionamento dos espazos peonís e rodados próximos ao cemiterio.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que a Xunta de Goberno Local celebrada este venres deu o seu visto bo ao proxecto de humanización dos xardíns de Pereiró, unha mellora que ascenderá aos 300.000 euros de investimento.
O alcalde socialista explicou que esta iniciativa, asumida con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local do Goberno de España, reparará os elementos deteriorados polo paso do tempo e recuperará as sendas principais dos xardíns de Pereiró.
A reforma será executada pola Concellería de Parques e Xardíns que dirixe a socialista Raquel Díaz, e dará emprego a cinco persoas nos catro meses de duración dos traballos, segundo indicou Caballero.
As actuacións previstas contemplan a recuperación e a mellora dos xardíns, a instalación de novas zonas verdes e xardineiras, a reordenación dos espazos existentes para facilitar o acceso peoníl ao cemiterio, a pavimentación da vía de acceso ao tráfico rodado, o reacondicionamento do aparcamento, a renovación da rede de recollida de augas pluviais e a instalación de luminarias enerxéticamente eficientes.
Casal-Sampaio
O alcalde de Vigo tamén informou este venres da ampliación -validada hoxe polo goberno local- da rede de bombeo de Casal-Sampaio, un investimento próximo aos 60.000 euros para "mellorar o abastecemento de auga" na zona, salientou Caballero.
Descargar todas as imaxes