venres, 23 abril 2010

O alcalde inicia contactos para conveniar unha oferta de garderías para traballadores de empresas

Abel Caballero anunciou este venres o inicio dunha rolda de contactos coas empresas para conveniar a posta en marcha de escolas infantís para os fillos do persoal das entidades. O alcalde propón dar "cobertura integral" de garderías na cidade, coa posta en marcha de catro novas o próximo curso e "alo menos" outras catro para 2011. Caballero prevé que en dous anos o número total supere as 1.000 prazas.

Santi Domínguez comprobou que se resolveron os problemas da cuberta das Ostras, onde hai novo alumeado

venres, 23 abr 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, realizou este venres unha visita á rúa Pescadería, coñecida como rúa das Ostras, na que puido comprobar que a actuación desenvolvida resolveu os problemas que tiña a cuberta e agora é un espazo acondicionado tanto para o verán como para o inverno. O nacionalista salientou que a remodelación contou cun investimento superior aos 120.000 euros e consistiu na colocación de vidro laminado sobre a estrutura metálica e a instalación de iluminación.

O Concello aproba o proxecto de humanización dos xardíns de Pereiró, con 300.000 euros de investimento

venres, 23 abr 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da aprobación do proxecto de mellora dos xardíns da parroquia viguesa. A Xunta de Goberno Local deu luz verde á reforma, financiada con cargo o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, que incorporará novas xardineiras e zonas verdes, ademais do acondicionamento dos espazos peonís e rodados próximos ao cemiterio.

O programa "Meu. Coñecéndonos, descubríndonos" tenta poñer en valor o patrimonio cultural a través da toponimia

venres, 23 abr 2010

A concelleira de Normalización Lingüística e Xuventude, Iolanda Veloso, e o edil de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentaron este venres o programa "Meu. Coñecéndonos, descubríndonos", que ten o obxectivo de poñer en valor o patrimonio cultural de Vigo e a súa área a través da toponimia. Os nacionalistas salientaron que esta iniciativa, destinada á poboación en xeral, a mocidade e os nenos e nenas, se enmarca nun proxecto máis amplo que desenvolven as áreas coordinadas pola Tenencia de Alcaldía.

Bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades de carácter social e sen ánimo de lucro

Benestar Social

venres, 23 abr 2010

<br />