Escoitar

Xabier Alonso felicita á Xisela Aranda, campiona de España na categoría absoluta feminina de squash

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou este venres os seus parabéns á deportista Xisela Aranda, que vén de gañar o Campionato de España absoluto feminino de squash. Asemade, felicitou a Hugo Varela, seleccionado para a selección absoluta deste deporte e a Iván López, campión de España sub-11 e que mañá se desprazará a Palencia para participar no Campionato de España sub-13.

xoves, 22 abr 2010
1271941566xiselaarnda.jpg
"Quero animarvos a seguir este camiño, porque dende a Concellería de Deportes cremos que traballar no deporte de base é o paso fundamental para chegar ao deporte de elite", manifestou Xabier Alonso.

Na recepción celebrada esta mañá na Concellería de Deportes, o nacionalista agasallou aos tres deportistas con cadanseu exemplar da obra "Vigo cidade das ondas", con textos do xornalista Eduardo Roland e imaxes do fotográfo Javier Teniente.
Descargar todas as imaxes