O sábado comeza en Castrelos a creación dun mural xigante como parte do proxecto "Cidade de soños"
"Pegadas e fume", a creación dun mural xigante no parque de Castrelos, como parte do proxecto artístico "Cidade de soños", comezará este sábado, 24 de abril, de 10 a 13.30 horas e de 16 a 20 horas. Segundo salienta o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, trátase dunha iniciativa pensada para fomentar a implicación da cidadanía na creación dunha obra de arte colectiva, polo que as persoas interesadas poden inscribirse na web www.cidadedesoños.com
Eudosio Álvarez destaca que é a primeira vez que a cidade acolle un proxecto artístico destas características, no que a participación é un dos elementos clave. A creación do mural, mediante azulexos cerámicos, continuará o domingo 25 de abril e os días 1 e 2 de maio. A obra, que terá trece metros de longo por tres metros de alto, levará o nome de todas as persoas que participen no proxecto no reverso da creación. A súa ubicación será o palco situado no parque de Castrelos.
Ademais da creación do mural xigante, "Cidade de soños" completarase coa execución de obras escultóricas no centro da cidade por parte de cinco artistas do 21 ao 4 de xullo e unha exposición de escultura no Pazo de Castrelos, que se celebrará do 22 de xullo ao 31 de outubro.