O alcalde subliña que as humanizacións de Regueiro e Tarragona completan a mellora de todo o entorno de POVISA
Abel Caballero visitou este martes os traballos de humanización das rúas Regueiro e Tarragona, no entorno de POVISA, que suman un investimento municipal de 1,3 millóns de euros e darán cabida a medio centenar de árbores, novos puntos de luz, bancos e a renovación das redes de servizo soterradas. A reforma das dúas rúas -que estará rematada en tres ou catro meses- completa a humanización de "todo o que queda entre Regueiro e a Praza de España", indicou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou na tarde deste martes que as humanizacións das rúas Tarragona e Regueiro completan a reforma integral de todo o entorno de POVISA, "todo o que queda entre Regueiro e a Praza de España".
Así o asegurou o rexedor nunha visita aos traballos de mellora de Regueiro e Tarragona, acompañado pola concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, e representantes da empresa concesionaria. A humanización dos dous viais suma 1,3 millóns de investimento e suporá a renovación das redes soterradas de saneamento e abastecemento, a instalación de medio centenar de árbores, novos puntos de luz e bancos.
As obras de humanización empregan a uns trinta traballadores e estarán rematadas en tres ou catro meses, tal e como explicou Abel Caballero. O alcalde destacou a "calidade" das humanizacións viguesas, e recordou que o entorno de POVISA é unha zona viguesa de densa poboación que atopábase nun estado "deficiente".
"As demandas de humanizacións son xeralizadas", asegurou o alcalde vigués, quen avanzou que "imos a continuar" co proceso de mellora da cidade. Caballero indicou que "a partir de agora iniciamos a segunda tanda de humanizacións" e agradeceu a "cooperación" dos veciños.
Descargar todas as imaxes