Escoitar

O alcalde anuncia novas melloras en Balaídos para continuar coa "humanización integral" da zona

Abel Caballero visitou hoxe luns os traballos de humanización da rúa Eugenio Kraff, na súa segunda fase, "unha das últimas rúas que nos quedan <por reformar> en Balaídos", con 400.000 euros de orzamento. O alcalde avanzou a humanización da beirarrúa entre Kraff e Fragoso, e o deseño dunha mellora viaria no acceso ao estadio desde Manuel de Castro. Caballero cifrou as actuacións "só en Balaídos" en 13 millóns de euros.

luns, 19 abr 2010
1271680714visitaeugeniokraff.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns novas actuacións en Balaídos para completar a "humanización integral" do barrio vigués, que serán a reordenación viaria do acceso ao estadio e a mellora da beirarrúa que une Fragoso con Eugenio Kraff.

Así o indicou Caballero nunha visita coa concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, á segunda fase dos traballos de humanización de Eugenio Kraff, unha rúa que nesta etapa leva un orzamento de 400.000 euros que, sumados aos 200.000 euros da primeira fase xa rematada o pasado ano, totalizará 600.000 euros de investimento.

O alcalde asegurou que Eugenio Kraff é "unha das últimas rúas que nos quedan en Balaídos" por reformar, que levará incluida a renovación das redes soterradas de servicios, granito en superficie, arborado e bancos.

Abel Caballero explicou que as humanizacións que estanse a realizar en Vigo é "cualitativamente máis completa" que ás doutras cidades, polos seus materiais e acabados, e atendendo ao tempo á estética, ao medioambiente, á seguridade viaria e ao tráfico.

Segundo indicou o rexedor vigués, os orzamentos municipais deste ano inclúen unha partida de 150.000 euros para humanizar a beirarrúa que une a Avenida de Fragoso coa propia Eugenio Kraff. Ademais, Caballero anunciou que o Concello está a deseñar o "rebrandecemento" do acceso ao estadio desde Manuel de Castro, actualmente dunha "dureza insoportable", onde reordenarase os espazos coa inclusión de zonas verdes e a retirada dos separadores de cemento no aparcamento.

O alcalde aseverou que, "só en Balaídos", os investimentos en melloras ascenden a un total de 13 millóns de euros: xunto ás proxectadas e Eugenio Kraff, os 3,5 millóns nas humanizacións de Balaídos, Portanet e Val Miñor, e outros 7 millóns nas Avenidas de Florida e Castrelos.

Residuos voluminosos
Noutra orde de cousas, o alcalde deu conta en Balaídos dos asuntos aprobados este luns na Xunta de Goberno Local, onde aprobouse a xestión do tratamento de residuos voluminosos. Tal e como explicou Caballero, a Xunta de Galicia deixou de dar este servizo e o Concello, para o efecto, destina 876.000 euros.
Descargar todas as imaxes