Escoitar
Abel Caballero asistiu o pasado sábado ao acto "Salud es deporte" que tivo lugar no pavillón de Bouzas para poñer de relieve a importancia da práctica deportiva entre a xuventude

O alcalde comparte cos xóvenes deportistas vigueses os valores da saúde e da solidariedade

No acto "Salud es deporte" as xogadoras do Real Club Celta Indepo de Baloncesto feminino e os xogadores do Octavio Pilotes Posada de balonmán, de categorías infantís e xuvenís, compartiron unha xornada marcada polo traballo en equipo e a solidariedade. A intención do acto é a de poñer de manifesto a importancia da práctica deportiva entre os xóvenes, en calquera das súas posibilidades.

luns, 19 abr 2010
1271680541alcaldesaludeporte2.jpg
De feito este sábado os xogadores e xogadores dos equipos, que compiten nas máximas categorías, practicaron deporte facendo incluso intercambios, de tal xeito que os xogadores de balonmán xogaron ao balocesto e viceversa. Entre todos amosaron o bo estado de saúde no que se atopan e compartiron co rexidor local, coa concelleira socialista Isaura Abelairas e co de Deportes, Xabier Alonso, unha mañá saudable.

A actividade amparouse no prisma da necesidade da práctica deportiva nestas etapas como fundamento para unhas boas condicións, no so para o desenvolvemento físico, senón tamén para o intelectual e socioafectivo dos máis xovenes. Así o avalan multitudes de estudios que inciden na importancia da práctica de actividades deportivas para o desenvolvemento físico, psíquico e social das persoas. Ao final do acto o alcalde e a concelleira repartiron diversos agasallos aos xogadores e xogadoras.
Descargar todas as imaxes