xoves, 22 abril 2010

O primeiro plan divulgativo do Museo da Cidade inclúe visitas e obradoiros en Castrelos, Toralla e o Castro

xoves, 22 abr 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este xoves o primeiro plan divulgativo do Museo da Cidade, que segundo explicou inclúe visitas a distintos espazos, como o pazo e os xardíns de Castrelos e aos xacementos de Toralla e O Castro. As visitas pódense facer por libre ou guiadas e en todos os casos son gratuitas. Santi Domínguez explicou que se realizarán da man de Landriña, que será a mascota do museo.

O alcalde anuncia que un profesional vigués instruirá aos bombeiros nicaragüenses no manexo dos dous vehículos doados polo Concello

xoves, 22 abr 2010

Abel Caballero fixo hoxe xoves entrega formal ao embaixador de Nicaragua, Augusto Zamora, de dous vehículos de bombeiros para dous municipios que actualmente carecen deste servizo. Un bombeiro vigués viaxará ao país centroamericano para instruir aos profesionais nicaragüenses no manexo dos coches. "Estamos satisfeitos de contribuir a unha mellor seguridade para os cidadáns dos municipios de Nicaragua", concluíu o alcalde.

Abel Caballero asistirá á toma de posesión en Vigo do novo bispo da Diócese Tui-Vigo

xoves, 22 abr 2010

O alcalde de Vigo recibíu este xoves ao vicario xeral da Diócese Tui-Vigo, Xesús Gago Blanco, quen invitou ao rexedor vigués ao acto de toma de posesión do novo bispo, o monseñor Luis Quinteiro, celebración que terá lugar na Colexiata o próximo domingo, 25 de abril. Caballero resaltou que "estamos presentes en todos os actos que teñen dimensión social e presencia nesta cidade".

Xabier Alonso felicita á Xisela Aranda, campiona de España na categoría absoluta feminina de squash

xoves, 22 abr 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou este venres os seus parabéns á deportista Xisela Aranda, que vén de gañar o Campionato de España absoluto feminino de squash. Asemade, felicitou a Hugo Varela, seleccionado para a selección absoluta deste deporte e a Iván López, campión de España sub-11 e que mañá se desprazará a Palencia para participar no Campionato de España sub-13.