O tenente de alcalde reclama "un gol pola educación" para que todos os nenos e nenas podan gozar deste dereito
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou este mércores no acto da Campaña Mundial pola Educación celebrado en Vigo, nas instalacións deportivas do Celta na Madroa. O concelleiro reclamou "un gol pola educación" para que os máis de 72 millóns de nenos e nenas no mundo que non asisten á escola podan gozar deste dereito.
"Hai que meter un gol que rompa todas as redes e que faga posible que todos os nenos e nenas do mundo teñan o dereito da educación", manifestou o tenente de alcalde na súa intervención. No acto tamén contou coa participación dos concelleiros de Deportes, Xabier Alonso; Benestar Social, María Méndez, e Educación, Laura López Atrio, así como alumnos e alumnas de cinco centros educativos de Vigo e Tui.
Santi Domínguez tamén destacou que na nosa sociedade todos e todas "temos que ser conscientes do noso privilexio, e traballar para que este se chegue a todos aqueles lugares onde non o teñen". Finalmente, os concelleiros se animaron a tirar un penalti como símbolo do seu compromiso para conseguir a Educación Universal de Calidade no ano 2015.
Descargar todas as imaxes