Escoitar

O tenente de alcalde renova o convenio con Protección Civil para garantir a seguridade nos actos que se celebren no Ifevi<br />

O tenente de alcalde e presidente executivo do Ifevi, Santi Domínguez, asinou este martes unha nova edición do convenio con Protección Civil, representada pola súa secretaria e responsable dos servizos de terra, Mercedes Ballesteros, e o xerente do recinto feiral Arsenio Prieto . Segundo Santi Domínguez, mediante esta sinatura Protección Civil comprométese a cubrir todos os risgos que se poidan producir nas montaxes que teñan lugar non Instituto Feiral de Vigo, así como as incidencias persoais que se poidan producir nos distintos eventos.

martes, 20 abr 2010
1271765522protecioncivil.jpg
"Sen a axuda de Protección Civil non sería doado manter toda a actividade do Ifevi", destacou Santi Domínguez. Na súa intervención, o nacionalista destacou o papel do voluntariado e asegurou que é "fundamental pola súa dedicación e pola vocación coa que realizan estes servizos". Tamén salientou a seguridade que proporcionan nas distintas convocatorias que se celebran.

O tenente de alcalde explicou asemade que o convenio non ten dotación económica posto que Protección Civil realiza os servizos de xeito altruísta, aínda que o Ifevi colabora coa prestación das dietas correspondentes aos voluntarios e voluntarias desplazados aos actos. Finalmente expresou o agradecemento por parte de todo o equipo do Ifevi a todos os integrantes de Protección Civil "pola súa labor".
Descargar todas as imaxes