O alcalde e a presidenta da Sociedade Pública de Aluguer inauguran a nova Oficina de Vivenda de Vigo
Abel Caballero e a máxima responsable do organismo dependente do Ministerio de Vivenda, Nieves Huertas, inauguraron este mércores a nova Oficina de Vivenda de Vigo, ubicada no edificio municipal de Areal. Inquilinos e propietarios poderán informarse das vivendas e servizos que ofrece a Sociedade Pública de Aluguer na Oficina, que tamén atenderá á vivenda protexida que inclúe o Plan Xeral de Vigo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Sociedade Pública de Aluguer do Ministerio de Vivenda, Nieves Huertas, inauguraron este mércores a nova Oficina de Vivenda de Vigo, ubicada no edificio municipal de Areal 41, o antigo reitorado.
Tal e como explicaron na súa visita, a nova oficina colaborará co organismo dependente do Ministerio de Vivenda para ampliar, mellorar e profesionalizar o mercado de aluguer en Vigo e na provincia de Pontevedra. Con este novo servizo, os inquilinos e os propietarios de inmobles poderán informarse das vivendas e dos servizos que ofrece a Sociedade.
O alcalde asegurou asemade que a Oficina encargarase de "desenvolver" toda a vivenda protexida que inclúe o Plan Xeral vigués en vigor, que reserva o 43% do total á protección oficial. Caballero recordou que Urbanismo xa está a levar adiante ámbitos do PXOM que inclúen unhas 12.000 vivendas.
Abel Caballero avogou por "darlle un impulso" ao aluguer na cidade, a "outra pata" da vivenda xunto á de protección oficial. Así, o alcalde indicou que a nova Oficina servirá para a "promoción do aluguer e o desenvolvemento da vivenda protexida", polo que en Vigo "abrimos unha nova etapa", concluíu o alcalde.
A presidenta da SPA, Nieves Huertas, agradeceu ao alcalde a súa disposición para a apertura desta dotación en Vigo que será "moi efectiva" e "atraerá novos interesados" no aluguer que promociona o organismo. Huertas salientou que "a colaboración entre a Sociedade e o Concello será un revulsivo" para o aluguer na cidade olívica.
Segundo o convenio asinado entre o Concello e a SPA, a Oficina de Vivenda e Solo de Vigo informará á cidadanía do parque de vivendas xestionado pola Sociedade así coma dos trámites -todos de balde- para acceder ás mesmas. Os propietarios interesados no aluguer da súa vivenda a través do organismo estatal tamén poderán obter información na nova oficina de Areal.
Na cidade de Vigo, a SPA alugou o 100% das vivendas que lle ofertaron ata a data (73) e preto de 190 cidadáns residiron ou residen nunha vivenda alugada a través da axencia estatal. A renda media dos inmobles xestionados no municipio rolda os 425 euros mensuais.