No verán comenzarán as obras do edificio do Centro Galego de Fotografía
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este mércores o proxecto arquitectónico do Centro Galego de Fotografía, xunto aos concelleiros de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, e Cultura, Xesus López. Destacou que a nova instalación cultural terá un edificio singular, que combinará contorno histórico e modernidade, e avanzou que o obxectivo e iniciar as obras no verán.
Santi Domínguez destacou que o novo Centro Galego de Fotografía, que se ubicará na rúa Chao, será un "elemento fundamental" na dinamización do barrio. Ao seu xuízo xogará un papel semellante ao da Pinacoteca, que se construirá na zona alta, na rúa Abeleira Menéndez. "Os dous centros culturais van ser pezas fundamentais do noso Casco Vello e dous elementos fundamentais de atracción turística", asegurou.
O tenente de alcalde explicou que o Centro Galego de Fotografía, que ten un orzamento de 1,5 millóns de euros, albergará as mellores coleccións fotográficas europeas. Nel poderanse ver os arquivos Pacheco e Ksado, así como as imaxes das diversas Fotobienais celebradas en Vigo, nas que están representados os mellores fotógrafos internacionais.
Respecto ao proxecto arquitectónico, elaborado polo arquitecto Xabier Rivas -tamén presente na rolda de prensa-, salientou que se tivo en conta a utilización dos materiais de tal xeito que se acadara una "convivencia harmónica entre o seu contorno no Casco Vello e a modernidade". Ao respecto, sinalou que se mantén a fachada e os balcóns da rúa Alta, mentres que na rúa Chao terá unha fachada singular coa incorporación de materiais modernos, aínda que tamén se mantén parte da antiga fachada.
"Tras o remate da primeira fase do proxecto, que incluíu a adquisición dos edificios e as obras de demolición, agora comeza a segunda fase coa licitación e o inicio da contrución", sinalou Santi Domínguez. Ao respecto, explicou que o edificio contará con 4 andares, con máis de 1.252 metros cadrados construídos.
Na planta baixa se ubicará o control de acceso, a administración, unha tenda e unha sala expositiva. Na planta soto estarán os aseos, a área de restauración e outra sala expositiva. O tenente de alcalde indicou que unha escaleira permitirá realizar un itinerario entre estas dúas salas de exposicións, de forma que ofrecerá a posibilidade de utilizar independentemente estas dependencias do resto do edificio.
A primeira planta albergará a terceira sala expositiva, que tamén se poderá utilizar como sala de conferencias, a área de dirección e a biblioteca e zona de investigación. Neste sentido, Santi Domínguez destacou que será un "atractivo centro de investigación dos eidos que teñen que ver coa fotografía". Finalmente, a segunda planta estará destinada ao mantemento e arquivo.
"A construción do Centro Galego de Fotografía é un traballo que ten moito que ver co noso patrimonio e a nosa cultura", asegurou o tenente de alcalde. Asemade, afirmou que estará enmarcado no Plan Museístico municipal, xunto a futura Pinacoteca, de xeito que a partir do 2011 "Vigo vai poder contar coa Rede Museística municipal".
En resposta ás preguntas dos medios sobre o prazo de execución, o concelleiro de Patrimonio Histórico sinalou que é de nove meses a partir da adxudicación, prevista para o mes de xuño. "Confiamos en que en febreiro ou marzo de 2011 estea rematado", manifestou.
No tocante á dixitalización do Arquivo Pacheco, o concelleiro de Cultura indicou que se sigue traballando neste proxecto, pero dixo que se trata dun proceso "longo e lento" debido á gran cantidade de placas que existen e os traballos de conservación que se están realizando.