A Concellaría de Xuventude organiza unha observación astronómica en Samil
A Concellaría de Xuventude organiza o venres 23 de abril, unha observación pública das estrelas, que terá lugar de 21:30 a 23:30h na Pista de Patinaxe de Samil. A actividades conta coa colaboración da "Asociación Astronómica de Vigo" , da "Agrupación Astronómica Rías Baixas", e da "Fundación Ceo, Ciencia e Cultura".
Os membros das asociacións, coincidindo co Mes da Astronomía Global, amosarán as constelacións, astros e planetas a través de telescopios que achegarán para a ocasión.
No caso de que as condicións climatolóxicas non sexan axeitadas para realizar a actividade, suspenderase ata novo aviso.
A participación é gratuíta.
No caso de que as condicións climatolóxicas non sexan axeitadas para realizar a actividade, suspenderase ata novo aviso.
A participación é gratuíta.