Escoitar

O alcalde salienta que os traballos de humanización do entorno de Venezuela deixarán a zona "en condicións razonables"

Abel Caballero visitou esta mañá as melloras levadas a cabo na rúa Venezuela que conta xa con novas xardineiras e que completan a humanización desta céntrica rúa.O rexedor salientou que na humanización de Venezuela mantívose o pavimento porque estaba en bo estado e lembrou que forma parte das actuación executadas ao principio do mandato, no que asfaltouse e mellorouse o saneamento da rúa.

venres, 16 abr 2010
1271423404alcaldevenezuela1.jpg
Abel Caballero incidiu tamén na importancia das actuacións que se teñen levado a cabo nesta rúa debido ao seu abandono anterior. Así o constata o feito de que antes dos primeiros traballos de humanización a rúa Venezuela "levaba 15 anos sen asfaltar", con farolas desfasadas e sen ornamentación.

A visita serviu para coñecer o novo diseño das xardiñeiras e para anunciar que o entorno está xa preparado para "iniciar unha nova tacada de humanizacións". O alcalde referiuse aos traballos na zona de Simón Bolívar e aos anexos da Plaza Elíptica que deixarán esta zona da cidade "en condicións razonables".

O socialista manifestou tamén a súa preocupación polo barrio de Casablanca e aludiu a aprobación presupuestaria da humanización de Vázquez Varela que se suma á zona de Pizarro e Condesa Casa Bárcena.

Oficinas de recadación executiva
Abel Caballero tamén visitou pola mañán as melloras que se acometen nas oficinas de recadación executiva pola que os traballadores desenvolverán as súas tarefas en mellores condicións. As actuación levadas a cabo, segundo explicou o rexidor, consistiron en dar luminosidad as oficinas a través de cristaleiras que agora darán luminosidade a este espazo.
"Queríamos mellorar o ámbito dos traballadores do Concello, porque estaban en zonas de traballo con condicións complicadas como a oscuridade, sen ventanas e hacinados".

Tamén asegurou Abel Caballero que os traballadores manifestáronlle a súa satisfacción por pasar de "deficientes condicións de traballo a un lugar iluminado".
Descargar todas as imaxes