O alcalde recibiu aos alumnos e mestres de intercambio no IES A Guía
Abel Caballero e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, recibiron este xoves aos vinte alumnos e oito profesores que participan no programa europeo Comenius de intercambio, procedentes da República Checa e de Suecia. O alcalde salientou o "gran empeño no inglés" do goberno municipal, que concede 350 becas para que estudantes vigueses da ESO viaxen ao Reino Unido a aprender o idioma.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, recibiron este xoves ao alumnado e profesorado de intercambio participante no programa Comenius, cofinanciado pola Unión Europea.
Déronse cita no Concello de Vigo un total de vinte alumnos -dos que dez estudan no IES A Guía, cinco en Suecia e outros tantos na República Checa- e oito mestres -tres do instituto vigués, tres suecos e dous checos-. Os participantes estranxeiros chegaron á cidade o pasado 10 de abril e retornarán aos seus países de orixe mañá venres, 16 de abril.
O alcalde defendeu que os estudantes poidan "intercambiar experiencias e aprender a falar en inglés" mediante estancias no estranxeiro, e recordou que o Concello oferta 350 bolsas a estudantes vigueses de ESO para viaxar en verán ao Reino Unido tres semanas a mellorar o idioma. "Temos un gran empeño no inglés", concluíu Caballero.
O proxecto de intercambio leva o nome de "Moving to Health" (Camiñando cara á saúde) e nel forman parte institutos de Alemaña, Suecia e a República Checa, ademais do vigués IES A Guía. Esta iniciativa finalizará en maio de 2011 cunha semana de actividades na que participará alumnado dos diferentes centros e que terá lugar en Vigo.
Descargar todas as imaxes