Benestar Social amplía o programa infantil de prevención de condutas de risco con actividades en "Hoy por mañana"
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este mércores que o seu departamento amplía o programa de lecer infantil de prevención de condutas de risco aos barrio vigués do Calvario, cun convenio coa asociación "Hoy por mañana". A concellería sinalou que este programa se suma aos que xa se desenvolven co Plan Comunitario de Teis e a asociación Abertal, de xeito que se atenderán un total de 65 nenos e nenas.
"Trátase dun programa no que na Concellería de Benestar Social estamos moi ilusionados porque supón traballar cos máis novos para previr condutas de risco e inadaptación social", explicou María Méndez. Sinalou que este programa de lecer infantil está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, preferentemente de familias con poucos recursos. Os bos resultados acadados en Teis e no centro foi un dos argumentos que propiciou a súa implantación tamén no Calvario, nas instalacións nas que a asociación "Hoy por mañana" desenvolve a súa actividade.
A concelleira de Benestar Social sinalou que a importante concentración de colexios no Calvario e na Dobrada tamén influíu á hora de elixir a zona da cidade na que implementar este recurso municipal, posto que un dos seus obxectivos é fomentar o rendemento escolar de nenos e nenas. Neste sentido, indicou que foron os propios directores dos centros de primaria os que demandaron a posta en marcha do servizo, xa que os seus beneficios non so se perciben nos participantes, "senón tamén nas aulas ás que pertencen e nas súas familias", asegurou María Méndez.
O programa, que terá lugar nas instalacións de "Hoy por mañana", ofrece vinte prazas e se levará a cabo en dous grupos, un cos nenos e nenas de 6 a 9 anos e outro de 10 a 12 anos. O servizo desenvolverase de abril a xuño e de setembro a decembro, en horario de 16 a 19 horas de luns a xoves e no mes de xullo tamén de luns a xoves de 10 a 13 horas. As actividades programadas abarcan xogos de cooperación, deportivos e de animación, así como obradoiros ambientais, de teatro e música. María Méndez destacou que se farán saídas á praia de Samil, Castrelos, A Bouza, así como a exposicións e á piscina de Lavadores, entre outras.
A edil do BNG destacou que, ademais de contribuír a mellorar o rendemento escolar dos participantes, o programa ten os obxectivos de "fomentar a socialización dos nenos e nenas, mediante a adquisición de habilidades sociais, potenciar a autonomía persoal, cooperación e traballo en grupo, a través de actividades lúdicas e mellorar a calidade de vida dos nenos e as súas familias". Para acadar estes propósitos o programa conta cun equipo integrado por unha educadora social, unha traballadora social e varios voluntarios e voluntarias formados nesta especialidade.
Descargar todas as imaxes