O tenente de alcalde anuncia o investimento de 256.000 euros para a remodelación do auditorio de Castrelos
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este martes o investimento de 256.000 euros a cargo do Plan FEIL 2010 para o desenvolvemento das actuacións de reforma e mellora do auditorio municipal de Castrelos. O concelleiro salientou que é unha actuación necesaria para reparar os desperfectos causados polo paso do tempo e pola falta de mantemento do anterior goberno local. O obxectivo é que as obras estean rematadas para o inicio da temporada de concertos, que abrirá Norah Jones o 14 de xullo.
Santi Domínguez deu conta das obras que se acometerán neste espazo, que están en fase de licitación e teñen un prazo de execución de tres meses. "Se algo queda pendente serán cousas menores que non interferirán na programación", dixo ao respecto. Destacou que as obras consistirán na adecuación dos pavimentos exteriores, o acondicionamento das bancadas, a substitución dos peches perimentrais, a mellora do sanemaneto e o cambio das cubertas.
Respecto á zona do público acotada, Santi Domínguez dixo que hai dúas zonas moi deterioradas, a fronte do escenario e un dos accesos laterais, polo que se levarán a cabo os traballos necesarios para a súa mellora e se sementará céspede. No graderío sinalou que se reparará o conxunto, acometendo o asentamento completo das gradas, canalizanso as augas pluviais e tamén se fará unha sementa de céspede. A reforma tamén inclúe a reparación dos camerinos, aseos, cubertas, alumeado, taquillas, así como a substición do peche perimetral, que na zona de carga e descarga quedará cegado coa plantación dun seto vexetal.
O tenente de alcalde sinalou que o auditorio de Castrelos é o "mellor escenario natural e ao aire libre de toda Galiza", tal e como recoñecen os artistas que veñen a actuar nel. "Queremos mimar este espazo para que siga sendo un espazo incomparable", salientou. Finalmente, felicitou aos encargados de materializar o proxecto e á Concellería de Cultura, "que levará a cabo a súa coordinación".
En resposta aos medios sobre se os traballos afectarán ás árbores do parque, Xesus López indicou que se fará unha poda dalgún exemplar que está dentro da edificación e se substituirá outro ubicado no patio interior. "O resto manteranse perfectamente como agora", asegurou.
Santi Domínguez explicou que os investimentos das áreas coordinadas pola Tenencia de Alcaldía teñen dous obxectivos fundamentais. Por unha banda salientou que se quere que sexan "investimentos produtivos", que sirvan para promocionar a economía de Vigo dende diferentes perspectivas. Por outro lado, dixo que os investimentos teñen o obxectivo de "atender as vellas demandas que a cidadanía vén trasladando dende hai anos" e que a este obxectivo responde a reforma de Castrelos, porque "o BNG dá cumprida satisfaccións as demandas", asegurou.
Descargar todas as imaxes