Escoitar

O Concello pecha o mércores ao tráfico un tramo de Areal polos traballos do aparcadoiro soterrado

A rúa Areal e as rúas do seu entorno sufrirán a partir do mércores unha restricción de tráfico por mor dos traballos de construcción do aparcadoiro soterrado que realiza a empresa UTE DRAGADOS EXCONSA. A concellería de Mobilidade, Transporte e Seguridade advirte que o treito que vai desde República Arxentina ata Inés Pérez de Ceta da rúa Areal estará pechada en ámbolos dous sentidos, con aceso exclusivo para garaxes.

martes, 13 abr 2010
A medida comenzará a aplicarse desde o mércores 14 de abril de 2010 ás 10:00 horas e por un periodo aproximado dun ano pero, en calquera caso, desde a concellería que dirixe o socialista Xulio Calviño recoméndanse varios desvíos que estarán debidamente sinalizados.

Deste xeito o tráfico procedente de Concepción Arenal poderá desviarse polas rúas Pontevedra, Rosalía de Castro e República Arxentina para volver a desembocar na rúa Areal. Outro dos itinerarios recomendados refírese ao tráfico procedente de Isaac Peral e Areal que poderá circular polas rúas Canceleiro ou Oporto para seguir despóis por Rosalía de Castro e Inés Pérez de Ceta.

Mentres duren os traballos varias rúas permanecerán con sentido único, como son a rúa Pontevedra _entre Areal e Rosalía de Castro _ que pasará a ser de sentido ascendente cara a Rosalía de Castro. Pola súa banda Inés Péres de Ceta pasará a ser de sentido descendente cara a Areal. A rúa Rosalía de Castro, entre Pontevedra e Inés Pérez de Ceta manterá sentido único de cara a ésta última.

O Concello de Vigo solicita a máxima colaboración cidadá para que o tráfico poida fluir con normalidade nesta zona.

Máis información