Xabier Alonso avanza que a Festa do Kárate reunirá o sábado en Bouzas a 300 xóvenes deportistas e 30 veteranos
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este martes a XXIII Festa do Kárate, que terá lugar o sábado 17 de abril no pavillón de Bouzas a partir das 17 horas. Na súa intervención, o concelleiro destacou que o evento reunirá a 300 xóvenes deportistas, de entre 5 e 17 anos, e 30 deportistas veteranos, de máis de 50 anos.
"É unha boa idea vincular a festa infantil do kárate cos deportistas maiores, que son xa unha referenza para os máis novos", destacou Xabier Alonso. Neste sentido expresou os seus parabéns á organización do evento, a cargo da agrupación deportiva Zanshin de Vigo, e a o seu responsable, Fernando Álvarez, polo seu traballo a prol do deporte de base.
O concelleiro de Deportes tamén fixo referencia á alta participación de karatekas e ao respecto comentou que pon de relevo a repercusión desta disciplina deportiva entre a mocidade. "Hai deportes que teñen unha forte proxección na nosa cidade, e o kárate é un deles", sinalou.
O responsable da organización, pola súa banda, explicou que a festa se desenvolverá por equipos, coa participación de diferentes clubes da cidade, así como das Escolas Deportivas Municipais. Indicou que o programa inclúe tamén unha mención especial aa karatekas destacados de Vigo, así como unha exhibición de tai chi.
Descargar todas as imaxes