Xesus López anuncia que Berrogüetto presentará o seu último traballo "Kosmogonías" o xoves 15 de abril
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este luns a actuación que o grupo Berrogüetto ofrecerá o vindeiro xoves, 15 de abril, no teatro do Centro Cultural Caixanova. O edil explicou que neste concerto Berrogüetto presentará o seu último disco "Kosmogonías", que conta coa colaboración de Rosa Aneiros e Manuel Rivas.
Xesus López destacou que o novo traballo de Berrogüetto ofrece unha síntese de música, filosofía e ecoloxía coa que o grupo avanza na súa traxectoria. Lembrou os seus inicios, no ano 1995, cando seis músicos de procedencias dispares se xuntaron coa intención de levar a música celta tradicional do seu país un paso máis aló, cara o futuro, e experimentar novas sonoridades.
O concelleiro de Cultura salientou tamén a colaboración de autores galegos no disco "Kosmogonías", como Rosa Aneiros e Manuel Rivas, quen cedeu un dos seus poemas. Asemade, indicou que a recadación do concerto se destinará á Fundación Manuel María, para a apertura da súa casa museo en Outeiro de Rei.
Anxo Pintos, integrante da formación dende os seus inicios, agradeceu á Concellería de Cultura a súa "sensibilidade" e a colaboración de Caixanova "para presentar Kosmogonías en Vigo, que é como facelo na casa". Recoñeceu que é unha "sensación especial", sobre todo para os músicos "que temos nado e aprendido todo aquí". Salientou que Vigo é "o Liverpool da música folk galega", tendo en conta o panorama musical dos últimos 40 anos.
Respecto a "Kosmogonías" explicou que inclúe once composicións "nas que están o alento de todos os músicos da formación" e a videocreación de Olaia Sendón. "Neste traballo expresamos os berros fundamentais para o grupo, o berro das mulleres, do mar e da terra", salientou Anxo Pintos. Indicou que tamén reflexa a necesidade "de mellorar a nosa relación co noso planeta e con nós mesmos".
No tocante ao directo que ofrecerán o vindeiro xoves, indicou que Berrogüetto tratará de "traducir a música do disco", ademais de proxectar a videocreación de Olaia Sendón. "Será un directo diferente aos que viñemos facendo ata agora, porque este é o primeiro disco coa nova voz do grupo, Xabier Díaz", salientou.
A representante de Caixanova, María Pereira, pola súa banda, asegurou que "non é un concerto calquera", porque ao seu xuízo as actuacións deste grupo "forman parte xa da historia musical do país". Ademais, salientou o "valor engadido" dos seus traballos, ao sumar diferentes manifestacións artísticas á súa música.
Descargar todas as imaxes