O pleno aproba un orzamento municipal para 2010 de 257 millóns, que prioriza os investimentos e o gasto social
A Corporación ratificou hoxe venres as contas municipais para 2010, "o mellor orzamento que se pode presentar na cidade", asegurou a concelleira de Facenda, Raquel Díaz, co "obxectivo de transformar a cidade". O Pleno aprobou tamén un Plan Económico Financeiro ata 2012 que compromete 100 millóns de investimentos na cidade nos próximos anos, austeridade no gasto público e a non subida dos impostos, tal e como declarou a edil.
O Pleno da Corporación Municipal, coa oposición do PP, aprobou este venres de xeito definitivo un orzamento do Concello de 257 millóns de euros para 2010, contas que priman os investimentos e o gasto social.
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, salientou que o de 2010 é "o terceiro orzamento seguido" que aproba o goberno "sólido e estable" de Vigo, o que non sucedera anteriormente no Concello, e cualificouno de "moi ambicioso", xerador de "miles de empregos" e "o mellor orzamento que se pode presentar na cidade".
Díaz detallou que case o 20% das contas municipais destinaranse a investimentos, entre os que destacou os 16 millóns de euros para as humanizacións de rúas como Oporto, Vázquez Varela, Aragón e Ramón Nieto, entre outras, "así ata un centenar de actuacións". Subliñou tamén a concelleira que "imos seguir apostando polo Casco Vello", e citou as axudas as familias e o incremento das partidas para becas de comedor e libros, para emprego, para parques e xardíns e parques infantís, entre outras.
O Pleno tamén deu hoxe o seu visto bo ao Plan Económico Financeiro presentado polo goberno local para o Concello, con validez ata 2012, e que garante -como resaltou Raquel Díaz- "100 millóns de euros de investimentos". O texto tamén compromete a elaborar orzamentos nos dous próximos anos, austeridade no gasto público, aposta polo gasto social e asegura que non subirán os impostos nin en 2011 nin en 2012.
Por outra banda, Díaz asegurou que "o aumento do endebedamento ao final do Plan Económico Financeiro é cero", co que o Concello non sumará débeda, que agora está entre as máis baixas dos municipios españois. A concelleira recordou que, en case tres anos de xestión, o goberno municipal reduxo o endebedamento "á metade".
O voceiro do BNG e tenente de alcalde, Santi Domínguez, valorou a "estabilidade e normalidade" dun goberno local que leva "tres anos de goberno e tres orzamentos" aprobados. Cualificou as contas como "de esquerdas", que atenden á "igualdade de oportunidades", aumenta a cobertura social, crea emprego e leva os servizos e os investimentos a toda a cidade.
O tenente de alcalde explicou que, en relación ao de 2007, o orzamento deste ano case duplica a partida para Benestar Social, tal e como sucede en Deportes, e o orzamento en Comercio pasou duns 500.000 euros a máis de 5 millóns. O edil nacionalista defendeu que "en tempos de crise non podemos facer caixa" e apostou polos investimentos e as subvencións aos que o precisan.
Domínguez afirmou que o orzamento vigués ten o "obxectivo común de traballar para a xente", e recordou a "evolución" experimentada nas infraestruturas deportivas e culturais, nos servizos sociais, no Casco Vello e no patrimonio histórico, entre outras facetas. O líder do BNG avogou por "seguir traballando" desde unha "óptica de esquerdas".
O voceiro do grupo municipal do PP en materia de economía, Jorge Conde, asegurou que os orzamentos "están a hipotecar o futuro desta cidade e de futuras corporacións" debido a un Plan Económico Financeiro que definiu como "autética chapuza". Segundo indicou, o Plan contempla un incremento da débeda do Concello de 65 millóns de euros ata o 2012, o que supón un 150% de aumento sobre a actual.
Conde tamén criticou que non se crea emprego, en cambio, Vigo conta con 11.200 parados máis que en 2007, ata un total de 29.000 persoas en desemprego, tantos "omo as cidades de Coruña e Ourense xuntas". Explicou asemade que "os deberes non están feitos" e denunciou que o orzamento destina o 1,2% do total a emprego, "menos que a Parques e Xardíns".
Por outra banda, o edil popular asegurou que "se este orzamento foi correxido é gracias ao Partido Popular", quen, tras a súa denuncia pública, conseguíu a inclusión das partidas destinadas ao pago previsto nas sentencias desfavorables de Nebrija e Miraflores, afirmou Conde Gil. Criticou tamén a non existencia dunha cantidade específica para a FAVEC, "por primeira vez desde fai 20 anos", e que se desestimara a alegación do PP para incluila.
Descargar todas as imaxes