venres, 9 abr 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, anunciou este venres a posta en marcha dun centro comercial virtual e un sistema de fidelización dirixido ao pequeno e mediano comercio vigués. Destacou que este proxecto, no que poderán participar gratuitamente todos os establecementos que o soliticten, e outro no eido do deporte, son as únicas actuacións que se desenvolverán en Vigo dentro do Plan FEIL en relación ao acceso ás novas tecnoloxías.
Tamén levarase adiante a recuperación do entorno da igrexa parroquial, que data de 1201 e que forma parte do patrimonio histórico do municipio
venres, 9 abr 2010
O Concello de Vigo, a través da concellería de Limpeza, Parques e Xardíns, levará adiante o proxecto de eficiencia na xestión dos recursos hídricos e outras redes de subministro de auga na rúa Santa Cristina polo que se pretende implementar unha rede separativa de augas pluviais nesta zona. O proxecto conta cun orzamento de 231.351 euros e preve un prazo de execución de catro meses, nos que se dará emprego a 5 persoas a xornada completa.
venres, 9 abr 2010
O sábado 10 de abril de 12 a 13:30 o debuxante Alex Cal dará unha charla coloquio na sala de audiovisuaies da Biblioteca Pública Central de Vigo, situada en Joaquín Yáñez nº 2. Ademais durante este mes poderase ver unha mostra de orixinais do dubuxante expuestos na biblioteca. Alex Cal é o español mais xove en publicar e traballar para a Marvel facendo un número da serie Spiderman no ano 2008. En España están editados o seu numero de Spiderman e a serie North Wind, este último por El Patito Editorial.
Mobilidade e Seguridade
venres, 9 abr 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construción de aparcadoiro soterrado, a realizar pola empresa UTE DRAGADOS-EXCONSA, estará pechada ao tráfico, en ámbolos dous sentidos, a rúa Areal, treito entre Rep. Arxentina e Inés Pérez de Ceta, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 14 de abril de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado dun ano.