Escoitar
Tamén levarase adiante a recuperación do entorno da igrexa parroquial, que data de 1201 e que forma parte do patrimonio histórico do municipio

O Concello executará unha rede separativa de augas pluvais en Santa Cristina de Lavadares

O Concello de Vigo, a través da concellería de Limpeza, Parques e Xardíns, levará adiante o proxecto de eficiencia na xestión dos recursos hídricos e outras redes de subministro de auga na rúa Santa Cristina polo que se pretende implementar unha rede separativa de augas pluviais nesta zona. O proxecto conta cun orzamento de 231.351 euros e preve un prazo de execución de catro meses, nos que se dará emprego a 5 persoas a xornada completa.

venres, 9 abr 2010
O departamento dirixido pola edil socialista Raquel Díaz persigue implantar o sistema separativo de augas residuais para aumentar a eficiencia dos tratamentos de depuración ademáis de aforrar enerxía nestes tratamentos e reducir custos de funcionamento que supoñen os devanditos procesos. Deste xeito o presente proxecto propón a substitución da rede unitaria actual por unha separativa no ámbito da rúa Santa Cristina desde a rúa Pateira á Travesía Baixada Santa Cristina.

Ao plantexar unha rede separativa, estase a desviar unha parte importante do caudal que acede á depuradora. De feito é importante mencionar que coa obra ademáis de mellorar o rendemento actual da depuradora, obteráse un destacado beneficio de aforro de consumos.

O proxecto contempla tamén a renovación dos elementos de alumeado para mellorar a eficiencia lumínica co que se reducirá a contaminación lumínica ademáis do aforro enerxético que supón. Para levar adiante as renovacións mencionadas demoleránse parcialmente a pavimentación da rúa, o que aproveitarase na reconstrucción para axeitar a mesma, mellorando a accesibilidade das persoas con mobilidade recucida ou minusvalía e mellorando a seguridade vial.

Pero esta actuación servirá tamén para acondicionar o entorno da igrexa de Santa Cristina, empregando materiais máis nobres para a pavimentación deste tramo e mellorando a accesibilidade, de xeito que colaboren na conservación dunha peza arquitectónica de gran valor que data de 1201 e que forma parte do patrimonio histórico do municipio.