Escoitar

Charla e exposición de orixinais do debuxante vigués Alex Cal na Biblioteca de Vigo

O sábado 10 de abril de 12 a 13:30 o debuxante Alex Cal dará unha charla coloquio na sala de audiovisuaies da Biblioteca Pública Central de Vigo, situada en Joaquín Yáñez nº 2. Ademais durante este mes poderase ver unha mostra de orixinais do dubuxante expuestos na biblioteca. Alex Cal é o español mais xove en publicar e traballar para a Marvel facendo un número da serie Spiderman no ano 2008. En España están editados o seu numero de Spiderman e a serie North Wind, este último por El Patito Editorial.

venres, 9 abr 2010
1270820732comic.jpg
Foi invitado xa o ano pasado en Viñetas desde o Atlántico por Miguel Anxo Prado e Carlos Portela, ambos autores moi recoñecidos.

A exposición que agora está en Vigo é unha das mellores artísticamente falando que se fixo nunca deste autor, pois temos a sorte de contar con orixinais da serie GIJoe que aínda non entregou e que van ser publicados en USA en breve, ademais de páxinas de Spiderman e varias mostras inéditas.

Alex Cal

Debuxante de cómic. Colabora co fanzine vigués "Fuck comics" . En 2007 iniciou os seus contactos cos Estados Unidos e despois de realizar probas para ese mercado asinou contrato co selo "Boom Studios!". Así se produce o seu debú profesional, debuxando a miniserie de cinco números "North Wind" que a devandita editorial publica desde xaneiro até maio de 2008 simultáneamente en papel e gratuitamente en Internet.

Logo disto firma coa Marvel comics para debuxar un comic de Spiderman (Amazing spiderman family #1) para mais tarde facer un número único chamado "Stand-in" coa editorial americana Ardeen-Entertainment.

Dende hai un ano traballa coa editorial americana IDW debuxando ós G.I.JOE (G.I.JOE origins #7,16,17,18. / G.I.JOE 20,21,22 y G.I.IJOE OPERATION H.I.S.S. #1)

Pódense ver os seus traballos no seu blog:
http://alex-cal-oliveira.blogspot.com/
Descargar todas as imaxes