Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Estudio de detalle para remodelación de volumes en Rúa Panamá, 16

<br />

venres, 9 abr 2010
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 15 de marzo de 2010, adoptou o seguinte acordo:

PRIMEIRO: De conformidade cos informes técnicos que constan no Exp. Nº 12208/411, aprobar inicialmente o <>, promovido pola mercantil "Promociones Panamá 14, S.L." e redactado polo arquitecto D. José Antonio Comesaña García, con visado do COAG de datas 16.11.2009 e 19.02.2010.

SEGUNDO: Abrir un trámite de información pública polo prazo de 20 días hábiles, mediante a publicación de anuncios no DOG en nun dos xornais de maior circulación da provincia.

TERCEIRO: Notificar o contido íntegro deste acordo a todos os interesados, entre os que se contarán a Comunidade de Propietarios da Rúa Panamá nº 16 e da Rúa Venezuela nº 22, coa indicación de que non é susceptible de recurso ningún por tratarse dun mero acto de trámite.