Abel Caballero anuncia a construcción de tres novos aparcamentos en Bouzas, que sumarán 650 prazas
O alcalde de Vigo asegurou este luns que os proxectos para construir tres novos estacionamentos en Bouzas atópanse "moi avanzados". Un deles estará ubicado baixo a Alameda, xunto á rotonda das anclas, e contará con 350 prazas; o segundo, no entorno do Mercado, terá 120 estacionamentos; e o terceiro, próximo á Alameda Suárez Llanos disporá doutros 180 espazos para vehículos. A prioridade do Concello pasa por dar servizo a residentes e rotatorios.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que o Concello ten "moi avanzados" os proxectos para habilitar tres novos aparcamentos en Bouzas, cunha capacidade total para 650 vehículos.
O primeiro dos tres aparcamentos estará localizado baixo a rotonda das anclas e incluso incrementará o seu espazo sobre o previsto inicialmente. O alcalde aclarou que o Plan Xeral non dificulta o parking de 350 prazas, que en breve sairá á súa licitación.
O segundo dos mesmos, segundo sinalou Caballero, ubícase no entorno do Mercado de Bouzas, tamén en estado "moi avanzado" da redacción do proxecto, e sumará 120 prazas. O Concello baralla a opción de reservar este aparcadoiro para residentes, ainda que primeiro pulsarase públicamente a demanda na zona para tomar posteriormente unha decisión ao respecto.
O último dos previstos polo goberno vigués estará próximo á Alameda Suárez Llanos cun total de 180 prazas. A súa finalización podería alongarse uns tres anos debido a que trátase dun "polígono privado en desenvolvemento", informou o rexedor.
Os "tres grandes aparcamentos" proxectados polo Concello para Bouzas procuran cubrir a demanda de estacionamento no histórico barrio vigués, con prioridade para os residentes, tal e como explicou Abel Caballero.