xoves, 15 abril 2010

A reforma do Auditorio Municipal rematará en maio e en xuño acollerá a primeira actuación

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, avanzou este xoves que a remodelación do Auditorio Municipal estará rematada no mes de maio, de xeito que en xuño acollerá a primeira actuación e a partir do mes de setembro unha programación cultural municipal estable. Na visita que realizou a este auditorio xunto aos concelleiros de Cultura e Patrimonio Histórico,Dominguez destacou que a remodelación acometida, cun orzamento de 1.4 millóns de euros, permitirá a integración deste espazo na Rede Galega de Teatro.

Santi Domínguez e María Méndez visitan Cedro para avaliar os traballos de eliminación de barreiras arquitectónicas no centro

xoves, 15 abr 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitaron este xoves as instalacións de Cedro, onde comprobaron as obras realizadas para mellorar as condicións de accesibilidade no marco do Plan de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas. No transcurso da visita, os concelleiros destacaron o compromiso do goberno local para normalizar a vida das persoas con dificultades de mobilidade.

Máis de 360 atletas con discapacidade participarán o domingo nos XIV Xogos Autonómicos de Baloncesto

xoves, 15 abr 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e a edil de Benestar Social, María Méndez, presentaron este xoves os XIV Xogos Autonómicos de Baloncesto Vigo 2010, xunto ao presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, e o presidente da Asociación Galega San Francisco, o pai Carlos Ortiz. Os xogos celebraranse no pavillón das Travesas o 18 de abril e participarán 366 atletas de Special Olympics Galicia con discapacidade intelectual.

O alcalde recibiu aos alumnos e mestres de intercambio no IES A Guía

xoves, 15 abr 2010

Abel Caballero e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, recibiron este xoves aos vinte alumnos e oito profesores que participan no programa europeo Comenius de intercambio, procedentes da República Checa e de Suecia. O alcalde salientou o "gran empeño no inglés" do goberno municipal, que concede 350 becas para que estudantes vigueses da ESO viaxen ao Reino Unido a aprender o idioma.

"Arte na Aula 2010" inaugurase o venres 16 de abril no Colexio Público "Virxe do Rocio"

xoves, 15 abr 2010

Esta iniciativa didáctica, que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración co artista vigués Mingos Teixeira, continúa o seu percorrido, co propósito de contribuir a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria, a través do achegamento a arte no contexto escolar. Está previsto que participen preto de 2500 escolares vigueses, que visitarán no seu propio Colexio a "MOSTRA ITINERANTE 2010" especialmente pensadas para o seu uso didáctico.

XVI edición de Ponte ...nas ondas!

xoves, 15 abr 2010

O vindeiro 16 de abril emitirase a través da Web www.pontenasondas.org a XVI edición de xornada de comunicación interescolar Ponte…nas ondas! 2010. O tema desta edición ten como lema O TESOURO DOS AVÓS e vertebra o traballo dos centros educativos arredor da figura dos avós. Ponte….nas ondas! dá continuidade aos traballos realizados na XV edición que estiveron centrados no recoñecemento dos Tesouros Vivos do patrimonio cultural galego-portugués.