Escoitar

"Arte na Aula 2010" inaugurase o venres 16 de abril no Colexio Público "Virxe do Rocio"

Esta iniciativa didáctica, que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración co artista vigués Mingos Teixeira, continúa o seu percorrido, co propósito de contribuir a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria, a través do achegamento a arte no contexto escolar. Está previsto que participen preto de 2500 escolares vigueses, que visitarán no seu propio Colexio a "MOSTRA ITINERANTE 2010" especialmente pensadas para o seu uso didáctico.

xoves, 15 abr 2010
1271333526arte.jpg
Esta proposta educativa concreta a dinamización da MOSTRA ITINERANTE 2010 nos propios centros de ensino solicitantes, coa finalidade de traballar a aprendizaxe da comunicación visual e a súa expresión plástica como ferramenta interdisciplinar. A Mostra posibilitará que todos os sectores da comunidade educativa teñan un contacto directo coas obras de arte e os seus creadores, e unha participación activa nas visitas guiadas e conferencias impartidas por persoal cualificado no eido artístico-educativo, que se programarán para o seu coñecemento.

A referida Mostra Itinerante 2010, expón en distintos soportes físicos como cabaletes e peanas; diversas pinturas, fotografías, gravados e esculturas de 22 creadores de recoñecido prestixio da nosa cidade, por un periodo de 10 días.

OBRAS DEARTISTAS QUE FORMAN PARTE DA "MOSTRA ITINERANTE 2010"

Alba Pardo
Alex Vázquez
Andrés Conde
Antón Sobral
Antonio Abad
Antonio Quesada
J.M. Barreiro
Juan Teixeira
Laxeiro
Méndez Paz
Miguel Pereira
Norberto Olmedo
Xulio Gil
Remedios Priegue
Santiago Montes
Victor Espiñeira
Xavier Magalhaes
Mingos Teixeira
X.L.Otero Becerra
Rafael Calvo
Pedro Dobao
Pedro Solveira
Descargar todas as imaxes