Raquel Díaz define o orzamento municipal de 2010 como " o máis inversor, social e educativo da historia"
A concelleira de Economía e Facenda detallou este mércores o orzamento do Concello para 2010, de 257 millóns de euros, que suma 47,3 millóns de euros en investimentos e 19 millóns para axudas ás familias. Todos os departamentos melloran as cifras para que "ningún barrio da cidade quede sen actuacións". Díaz subliñou que o Plan Económico Financeiro elaborado compromete 100 millóns de investimentos nos próximos anos, conxelación dos impostos, endebedamento cero e austeridade no gasto público.
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, definíu este mércores o orzamento municipal aprobado para 2010 como "o máis inversor, social e educativo da historia desta cidade", cun total de 257 millóns de euros.
No tocante aos investimentos, estes ascenden este ano a 47,3 millóns de euros, case o dobre que en 2009, e catro veces máis do orzamentado en 2005, con 16,3 millóns. Díaz resaltou que trátanse dun documento "inversor e xerador de emprego", pois xunto ás inversións, o departamento de Promoción Económica e Emprego alza as súas contas nun 30% sobre 2009.
Sobre o social, a concelleira destacou o incremento nas axudas, subvencións e becas ás familias en 2,1 millóns de euros máis, un 13% de incremento, ata os 18,9% consignados. A Concellería de Benestar Social experimenta un ascenso do 41,5% no seu orzamento, "datos que avalan a nosa aposto polo social", subliñou Díaz.
A partida de Educación sube un 15,51% con respecto a 2009, e, sólo en becas de inglés, a cifra pasa dos 300.000 euros do pasado exercizo aos 700.000 deste ano. Ademais, "duplícanse as becas para comedores escolares", e a edil recordou o compromiso do goberno presidido por Abel Caballero de non limitar este tipo de achegas.
"Ningún barrio da cidade vaise quedar sen actuacións", apuntou a concelleira, polo que todas as concellerías ven incrementos os seus números. Díaz subliñou a "principal preocupación" do executivo municipal de "continuar transformando a cidade", para o que Vías e Obras recibe un 47% este ano sobre o 2009 e manexará case 16 millóns só en investimentos. Ademais, a partida para Parques e Xardíns sube a 4,2 millóns, e Cultura, Deportes e Patrimonio Histórico aproximanse aos 3 millóns cada unha.
Plan Económico Financeiro
Xunto co orzamento, o pleno da Corporación municipal do pasado venres aprobou o Plan Económico Financeiro do Concello ata 2012, un documento que recolle "todos os compromisos que asume este goberno para os próximos dous anos", e que Díaz resumiu en dez puntos.
O PEF obriga á elaboración do orzamento municipal de 2011, compromete "investimentos para a cidade de 100 millóns de euros" nos próximos anos, "seguir transformando toda a cidade con humanizacións en todos os puntos da mesma", "austeridade no gasto público", seguir apostando polo "gasto social", xeración de emprego -que Díaz cifrou en 5.000 postos de traballo grazas aos investimentos-, "non vai haber nin unha subida de impostos" nos próximos anos, reducirase a carga fiscal para a cidadanía viguesa -derivada da conxelación dos tributos- e, por último, "manter a boa saúde financeira do Concello", para o que o endebedamento será cero á finalización do Plan Económico Financeiro.
A concelleira fixo especial fincapé nesta última cuestión e salientou que, co Plan pendente de validación pola Xunta de Galicia, a cidade percibirá 100 millóns de euros en investimentos, sen tributar máis e cunha reducción da carga anual do Concello con respecto a 2007 do 60%. "Despois de 100 millóns de euros de investimentos, o nivel de endebedamento estará por debaixo do de 2007", concluíu Díaz.
A edil recordou que a carga fiscal do Concello de Vigo "é a máis baixa de toda Galicia", compromiso que o goberno local prevé manter grazas á conxelación de impostos para o próximo ano recollida no Plan Económico Financeiro.
Descargar todas as imaxes