María Méndez felicita ao alumnado do CEIP Pintor Laxeiro pola súa participación no programa preventivo "Eu son eu"
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, clausurou este martes o programa escolar de prevención das drogodependencias "Eu son eu". No transcurso do acto, a edil felicitou aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria do CEIP Pintor Laxeiro pola súa participación no proxecto. Entregoulles un diploma acreditativo e agradeceul a colaboración do centro escolar e da asociación Érguete nesta iniciativa.
María Méndez destacou a importancia de "saber dicir non" ante as diversas situacións que cada un e cada unha debe afrontar na nenez e na adolescencia. Indicou que proporcionar as ferramentas necesarias para elo é precisamente o obxectivo destas iniciativas que está poñendo en marcha a Concellería de Benestar Social a través das asociacións que forman parte do Plan Local de Drogodependencias e outras adiccións.
"Espero que sacarades moito proveito deste programa e aprenderades actitudes para pensar e resolver da mellor forma posible os problemas que se vos presenten", comentou a concelleira de Benestar Social. Na súa intervención explicou tamén que este programa forma parte dun proxecto máis amplo que se está desenvolvendo nos centros escolares da cidade para previr as adiccións ás drogas e no que están participando 7.401 alumnos e alumnas
María Méndez avanzou que tras esta experiencia no CEIP Pintor Laxeiro, o programa se estenderá a outros centros de ensino da cidade "porque temos que afondar no tema da prevención". Neste sentido avanzou que a vindeira semana se inaugurará otro programa na Escola de Maxisterio tamén sobre a prevención.
Descargar todas as imaxes