luns, 12 abril 2010

A impermeabilización do parking soterrado de Policarpo Sanz pecha ao tráfico o cruce con Dario Álvarez Blázquez

A Concellería de Mobilidade e Transporte, que dirixe Xulio Calviño, pechou ao tráfico desde hoxe luns, e por un periodo aproximado dunha semana, o cruzamento de Policarpo Sanz con Darío Álvarez Blázquez, debido á impermeabilización do aparcadoiro soterrado en construcción. Os vehículos autorizados, principalmente para garaxes, accederán desde Marqués de Valladares.

Abel Caballero anuncia a construcción de tres novos aparcamentos en Bouzas, que sumarán 650 prazas

luns, 12 abr 2010

O alcalde de Vigo asegurou este luns que os proxectos para construir tres novos estacionamentos en Bouzas atópanse "moi avanzados". Un deles estará ubicado baixo a Alameda, xunto á rotonda das anclas, e contará con 350 prazas; o segundo, no entorno do Mercado, terá 120 estacionamentos; e o terceiro, próximo á Alameda Suárez Llanos disporá doutros 180 espazos para vehículos. A prioridade do Concello pasa por dar servizo a residentes e rotatorios.

O tenente de alcalde avanza que o novo complexo de auga da Miñoca comezará a funcionar tras o verán

luns, 12 abr 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este luns que a construción do novo complexo de auga ubicado na Praza da Tellada (nas inmediación da Praza da Miñoca) está xa nos últimos meses de execución, polo que estará en funcionamento tras o verán. Na visita ás novas instalacións deportivas, na que tamén participou o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, o edil destacou que esta actuación supón un investimento de 10,3 millóns de euros e vai ser un dos maiores complexos de auga da cidade.

O Concello acometerá melloras no Calvario e Valadares por valor de case 400.000 euros

luns, 12 abr 2010

O alcalde, Abel Caballero, informou hoxe da aprobación en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local dos plans de seguridade e saúde das obras de ampliación da rede de saneamento de Valadares e construcción de beirarrúas no entorno da igrexa, ademais do das futuras beirarrúas da rúa Xílgaro, no Calvario. O goberno local validou asemade o plan de xestión de residuos da humanización de Manuel Álvarez.

O alcalde involucra ao centro tecnolóxico de automoción e á empresa privada para que Vigo sexa "cidade piloto do automóbil eléctrico"

luns, 12 abr 2010

Abel Caballero asegurou que "a cidade vaise embarcar neste proxecto", para o que conta con involucrar ao sector de automoción vigués -encabezado pola factoría de Citroën-, á empresa privada, ao Ministerio de Industria e á cidadanía viguesa. O alcalde avanzou que o Concello xa está a estudar novas ordenanzas municipais que impulsen o emprego do vehículo eléctrico na cidade.

O alcalde recoñeceu o "esforzo e dedicación" dos axentes da Policía Local nos actos do 25 aniversario da modernización da institución

luns, 12 abr 2010

Abel Caballero recibiu este luns a unha treintena de axentes da Policía Local para recoñecerlles oficialmente a súa "dedicación" na organización dos actos conmemorativos do 25 aniversario da modernización da Policía Local. O traballo realizado polos funcionarios municipais tivo lugar no seu tempo de lecer, e o alcalde agradeceu o "esforzo" destes.