XVI edición de Ponte ...nas ondas!
O vindeiro 16 de abril emitirase a través da Web www.pontenasondas.org a XVI edición de xornada de comunicación interescolar Ponte…nas ondas! 2010. O tema desta edición ten como lema O TESOURO DOS AVÓS e vertebra o traballo dos centros educativos arredor da figura dos avós. Ponte….nas ondas! dá continuidade aos traballos realizados na XV edición que estiveron centrados no recoñecemento dos Tesouros Vivos do patrimonio cultural galego-portugués.
As escolas realizaron xa con anterioridade os programas e será o venres día 16 cando salte á rede. Por primeira vez, a emisión de Ponte…nas ondas! emítese exclusivamente a través de Internet, a programación elaborada por todos os centros participantes, galegos e portugueses con participación de escolas de Brasil, Colombia, Chile, Arxentina e Cuba.
O TESOURO DOS AVÓS
É evidente que os avós constitúen, na sociedade actual, o elo fundamental da cadea de transmisión do patrimonio cultural que conforma a nosa identidade. Ademais, o contacto interxeracional representa un modelo de convivencia enriquecedor e beneficioso para a formación do alumnado.
Por iso, ás escolas e institutos construirán o 16 de abril unha ponte de comunicación entre o alumnado e os seus avós. Descubrirán os saberes que atesouran e producirán un programa audiovisual ou radiofónico, valorando os seus coñecementos e fomentando as relacións entre diferentes xeracións.
Isto permitirá, ademais da aprendizaxe, a recolla de expresións e manifestacións deste patrimonio cultural como contos, lendas, cancións, refráns, adiviñas, oficios, xogos, música, formas de vida, etc.
Deste xeito, dáse continuidade á proposta dos Tesouros Vivos, lanzada na pasada edición de xuño de 2009, que promove a creación do Sistema dos Tesouros Vivos da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.