O alcalde asegura que a humanización de Sanjurjo Badía culmina "o noso compromiso con Teis para estes catro anos"
Abel Caballero inaugurou hoxe mércores a humanización do tramo de Sanjurjo Badía entre Pedro Alvarado e Buenos Aires, que culmina coa mellora de toda a rúa, na que investíuse 4 millóns de euros. O alcalde asegurou que, en Teis, humanizarase tamén o inicio da Avenida de Galicia, o paseo da ETEA e arreglarase a fábrica de conservas Garavilla. Ademais, Caballero avanzou que o paseo da Guía está "a punto de ser terminado" e este ano reforestarase a ladeira con especies autóctonas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que a humanización de Sanjurjo Badía ratifica que "o noso compromiso con Teis para estes catro anos está cumplido".
Así o indicou o rexedor vigués na apertura do tramo entre Pedro Alvarado e Buenos Aires, culminando así a humanización do 1,1 quilómetros de Sanjurjo Badía, na que investiuse 4 millóns de euros.
A rúa cumple cos "mellores estándares de humanización en granito", e inclúe arborado, bancos, a renovación do saneamento e o abastecemento e "iluminación de baixo consumo", polo que o alcalde definiu á zona como "un dos grandes centros da cidade".
Ademais, o socialista apuntou que o Concello humanizará o inicio da Avenida de Galicia, tamén en Teis, ademais da mellora do paseo da ETEA e da factoría de conservas Garavilla. Caballero apuntou asemade que o paseo de A Guía está "a punto de ser terminado" e inaugurado, e reforestarase a ladeira con especies autóctonas, o que permitirá gañar visibilidade.
Descargar todas as imaxes