Escoitar

Os cidadáns terán acceso directo á información urbanística na web municipal

O Concello de Vigo ven de adherirse ao programa "Urbanismo en red" polo que os veciños poderán aceder á información urbanística, de xeito inmediato e personalizado, na web do Concello. A iniciativa, fruto dun convenio marco entre os Ministerios de Industria, Turismo e Comercio, dará resposta a unha demanda social de transparencia. Os traballos xa comenzaron no mes de abril.

venres, 30 abr 2010
1272631133web.jpg
A Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo ven de adherirse ao programa "Urbanismo en Red", polo cal os cidadáns poderán obter información urbanística de forma inmediata e personalizada a través da páxina web do Concello. O programa, que é fruto dun convenio marco entre os ministerios de Industria, Turismo e Comercio, a través de red.es e de Vivenda, supón un paso máis no pulo da administración electrónica.

Segundo explica o edil de Urbanismo, José Mariño, "con este novo programa os veciños de Vigo poderán aceder a toda a información urbanística que necesiten mediante dúas vías: premando directamente sobre o mapa na zona que desexen ou introducindo datos concretos referidos ao planeamento do seu interés: distrito postal, referencia catastral, código urbanístico, coordeadas físicas ou o nome da zona a consultar".

A posta en marcha do programa lévase a cabo grazas a aportación do 70% da inversión total por parte do Ministerio de Industria, a través da red.es con fondos FEDER e o resto será cofinanciado polo Concello vigués.

A directora de Planificación de red.es, María Fernández Rancaño, subliña que o traballo que se levará a cabo implica "a vectorización e sistematización do planeamento urbanístico, a posta en marcha do equipamento e as aplicacións informáticas que dan soporte á explotación e visualización da información e a capacitación dos técnicos municipais".

O planeamento urbanístico integrarase ademáis no Sistema de Información Urbana (SIU) do Ministerio de Vivenda de forma telemática, periódica e estandarizada. O SIU é unha ferramenta dixital en forma de portal web libre e gratuíto, concebido esencialmente para incorporar transparencia no mercado inmobiliario.

O Urbanismo en rede é, en definitiva, unha aposta pola incorporación das TIC no ámbito urbanístico municipal e conta co triple obxectivo de dar resposta a unha demanda social de transparencia mediante a publicación por Internet dos plans urbanísticos; fomentar a interoperabilidade entre administracións a través de servicios web e mellorar a eficiencia na xestión introducindo ferramentas que faciliten a operativa dos técnicos municipais.
Descargar todas as imaxes