Escoitar

Caballero insta á Xunta a continuar o proceso expropiatorio dos terreos da depuradora

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, enviou hoxe unha carta ao conselleiro de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para que a Xunta continúe o proceso expropiatorio dos terreos da depuradora iniciado en decembro de 2008. Caballero plantexa na misiva o compromiso de que no momento no que a Xunta continúe este proceso, adiante os recursos e se firme o convenio, a administración local financiará os terreos.

luns, 3 mai 2010
1272888558P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, enviou hoxe unha carta ao conselleiro de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, na que insta á Xunta a continuar co proceso de expropiación dos terreos da depuradora "de forma urxente". O proceso xa foi iniciado, segundo explicou o rexidor local, no mes de decembro de 2008 e foi publicado ese mismo mes no DOGA e no BOP.

Abel Caballero explicou que de retomar o proceso expropiatorio o Concello entendería que o organismo autonómico "da un paso máis". O alcalde pediu un xesto da Xunta polo que se poida entender que "quere construir a depuradora". "Que a Xunta asuma a continuación do proceso, que adiante os recursos", explicou. "No mesmo momento no que firmemos o convenio o Concello financiará os terreos", asegurou o alcalde quen insistiu ademáis en que é necesario "non perder un día máis na construcción da depuradora".

Deste xeito o socialista tendeu unha man á Xunta para levar adiante un proxecto vital para Vigo e a súa ría. Caballero lembrou os pasos que se teñen dado desde a administración local para sacar adiante esta infraestrutura; falou así de que co cambio de goberno autonómico prodúxose unha ralentización no proxecto, "comprensible no seu inicio", pero que terminou convertíndose nunha "carreira de obstáculos", tal e como él mesmo definiu.

Primeiro foi que "a Xunta non tiña recursos" polo que o Ministerio de Medio Ambiente, trala mediación do alcalde de Vigo, acadou unha solución. Despóis chegou o problema xurdido coa acometida eléctrica ao que tamén se lle deu solución "sen que a Xunta tivera que poñer nin un solo euro", indicou o rexidor. O último obstáculo é o pago do IVE, no que "todas as leis din que ten que asumir a Xunta".

Inversións do Ministerio de Fomento
Abel Caballero salientou tamén a licitación, por parte do Ministerio de Fomento, da redacción do proxecto básico e execución de obra do edificio da nova estación do AVE de Vigo. O importe da obra, 6,6 millóns de euros, son segundo Abel Caballero, unha idea do volume da actuación que se pretende levar adiante na estación de Urzáiz.

O rexidor local avanzou que o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, viaxará nos próximos días a Madrid para ver os axustes urbanísticos do proxecto do arquitecto Thom Mayne no Plan Xeral de Ordenación Municipal. "A partir de ahí buscaráse unha fecha para presentar o proxecto de Mayne na cidade", avanzou Caballero.

A xuizo do rexidor local o AVE en Vigo é xa "unha realidade imparable" e adiantou que o inicio das obras de excavación está prevista para os primeiros meses de 2011, unha vez que entre en funcionamento a estación provisional de Guixar.
Descargar todas as imaxes