Escoitar

Sentido único xiratorio na praza das rúas Figueiras-Parada (Cabral)

venres, 7 mai 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que, coa finalidade de mellorar a mobilidade na zona e co consenso dos veciños, establécese sentido único xiratorio na praza das rúas FIGUEIRAS-PARADA (CABRAL), con entrada polo parque infantil e saída polo número 119 de Figueiras, dende o martes 11
de maio de 2010 ás 10:00 horas.

Prégase a máxima atención á sinalización, e solicítase a máxima colaboración cidadá.