A patrulla de Medio Ambiente incorpora novas motocicletas para a vixilancia da natureza
A patrulla de Medio Ambiente e Intervención Rural da Policía Local de Vigo (UMIR) conta desde hoxe con catro novas motocicletas que se engaden o parque móvil de dito corpo no eido da vixilancia da natureza e cumprimento das normas de respeto ao medio ambiente no municipio.
A presentación dos vehículos fíxose nas instalacións da lonxa do Concello de Vigo e correu a cargo do alcalde, Abel Caballero, quen estivo acompañado do concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño Álvarez, a edil de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, María Jesús Lago Rey, e o xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo.
O novo material de Policía Local dispoñen dos últimos avances para a consecución dos seus obxetivos de desprazamento, adaptación o terreo e vixilancia, polo que a súa condición de moticicletas de características similares ás empregadas en trial permítelles un mellor e máis eficiente tránsito por camiños, pistas e zonas de monte do término municipal de Vigo. Nas catro motocicletas investiuse un total de 22.000 euros.
O alcalde suliñou que a presentación das moticicletas constitúe un acto que terá continuidade neste ano con actos semellantes de posta a disposición da Policía Local de Vigo de novos automóviles e vehículos de dous rodas. Nese senso manifestou que no prazo de tres anos espera levar a cabo a renovación completa do parque do citado corpo. Abel Caballero botou en falta a disposición por parte do concello que preside dunhas instalaciones axeitadas para o parque móvil da Policía Local, instalacións que de momento estarán na Praza do Rei, "que non é o mellor lugar", pois no seu día a Xunta de Galicia negou o edificio da Gota de Leite para estacionamento, segundo o rexidor municipal.