Santi Domínguez avanza que o pavillón e o campo de fútbol de Navia, cun investimento de 6 millóns, serán realidade en xuño
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, visitaron este luns as obras do pavillón e o campo de fútbol de Navia, que contaron cun investimento de case 6 millóns de euros financiados polo Plan E correspondente ao 2009. Na súa intervención, o tenente de alcalde destacou que a finais do mes de xuño "será realidade o segundo polideportivo de Vigo tras As Travesas".
Santi Domínguez afirmou que coa construción destas novas dotacións deportivas "dase resposta ás necesidades dun novo barrio" como é Navia. Avanzou asemade que tras o remate desta primeira fase está previsto continuar a segunda, que prevé a construción dunha piscina olímpica e diversas instalacións para outro tipo de deportes.
O tenente de alcalde explicou que a visita tiña o obxectivo de comprobar o estado das obras tras o rescate da adxudicación inicial do pavillón polos incumprimentos da empresa Teconsa, polo que foi necesario realizar unha nova adxudicación e o proceso fixo que a obra sufrira un retraso na súa execución. Sen embargo, o nacionalista sinalou que este tipo de situacións estaban contempladas no Plan E e por iso o foi concedida unha prórroga de seis meses para rematar o proxecto. Está previsto que as obras rematen a finais do mes de xuño.
O pavillón terá capacidade para 1.500 espectadores e estará dotado con ximnasio, enfermería, ascensor, oito vestiarios, sala de control antidopaxe e bancada móbil para 384 espectadores. O seu orzamento é de 4.585.643 euros.
O campo de fútbol, anexo ao polideportivo, terá unhas dimensións de 60x100 metros, cinco vestiarios, céspede de herba sintética de "última xeración", segundo salientou Santi Domínguez, e capacidade para 432 espectadores. As obras contaron cun orzamento de 1.402.544 euros.
Por outra banda, o tenente de alcalde destacou que a construción destas novas infraestruturas deportivas representa unha aposta pola súa "integración no contorno", coa instalación dunha cuberta verde nas instalacións.
O nacionalista fixo fincapé en que este proxecto é un paso máis no cumprimento electoral dos nacionalistas. "Estas obras poñen de manifesto o cumprimento do BNG, xa que cando me presentei como candidato tiñamos o compromiso electoral de que nesta lexislatura íamos facer un gran complexo deportivo en Navia", salientou Santi Domínguez.
Descargar todas as imaxes