Escoitar

O Concello iniciará en dúas semanas seis humanizacións no rural por valor de 3 millóns de euros

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns da aprobación dos plans de seguridade e saúde das melloras de Manuel Cominges, Cesáreo Vázquez, Estrada da Igrexa, Casal de Abaixo, Subida á Madroa e San Cristobo, por un valor total de 3 millóns de euros. Caballero salientou que as humanizacións validadas hoxe afectarán a "viais vertebradores" das parroquias, cumprindo así cunha "demanda histórica" da cidadanía.

luns, 8 mar 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns do inicio en dúas semanas das obras de humanización de seis viais do rural vigués, cun investimento total de 3.059.000 euros.

A Xunta de Goberno Local deu esta mañá o seu visto bo aos plans de seguridade e saúde dos traballos de mellora das rúas Manuel Cominges, Cesáreo Vázquez, Estrada da Igrexa, Casal de Abaixo, Subida á Madroa e San Cristobo, o último trámite administrativo previo ao inicio efectivo das reformas.

Segundo detallou o alcalde, a humanización de Manuel Cominges, en Matamá, supón un investimento de 867.000 euros; a de Cesáreo Vázquez, en Oia, suma 890.000 euros; a mellora da primeira fase da Estrada da Igrexa, en Valladares, custará 405.000 euros; a humanización da rúa Casal de Abaixo, en Sampaio, 247.000 euros; a de Subida á Madroa, en Candeán, 375.000 euros; e a reforma de San Cristobo, tamén en Candeán, ascenderá a 275.000 euros.

Abel Caballero subliñou que estas melloras afectan a "viais vertebradores" das parroquias que atópanse actualmente en "estado lamentable", e dan resposta a unha "demanda histórica" da cidadanía da zona. Os máis de tres millóns de euros de investimento nestas seis rúas proceden da "incorporación de remanentes ao orzamento" municipal realizada en 2009, e forman parte dos oito millóns reservados polo goberno local a melloras nas parroquias de Vigo.