xoves, 11 marzo 2010
O Alcalde de Porto, novo vicepresidente, tentará, xunto a presidencia de Vigo, darlle, a entidade transfronteiriza, a maior relevancia política diante dos gobernos de España e Portugal.

A Comisión Executiva do Eixo Atlántico márcase duas liñas fundamentais: o Tren de Alta Velocidade entre Porto e Vigo e as infraestruturas aeroportuarias da eurorrexión

O alcalde de Vigo e presidente do Eixo Atlántico, Abel Caballero, afirmou que entre os acordos adoptados pola executiva, ademais do nomeamento de Rui Rio como vicepresidente, figuran o establecemento dun sistema de funcionamento en rede entre todos os concellos do Eixo Atlántico, tratando de que este sexa un elemento vertebrador da eurorrexión.

Iolanda Veloso anuncia que o luns se abre o prazo de incrición no programa "Tanto monta, monta tanto", con 135 prazas

xoves, 11 mar 2010

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou hoxe que o vindeiro luns, 15 de marzo, se abrirá o prazo de inscrición para participar na nova edición do programa "Tanto monta, monta tanto", que ten por obxectivo fomentar a corresponsabilidade doméstica e familiar. A concelleira afirmou que se trata dunha iniciativa que forma parte dos obxectivos do cuarto Plan de Igualdade que ten acadado unha gran aceptación e que nesta segunda edición oferta un total de 135 as prazas.