Escoitar

O alcalde salienta que o entorno de Gregorio Fernández será unha das "zonas notables" de Vigo coa humanización e a nova estación

Abel Caballero visitou este mércores os traballos de humanización da rúa Escultor Gregorio Fernández, por valor de 1,13 millóns de euros e que estará rematada en xuño. O alcalde a cualificou como "unha das obras importantes desta cidade", que converterá ao entorno nunha das "zonas notables" de Vigo ao sumar á reforma a nova estación de Urzáiz de Thom Mayne, que terá á súa entrada á altura da rúa.

mércores, 10 mar 2010
1268237955humanizaciones.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou este mércores que o entorno de Escultor Gregorio Fernández será unha das "zonas notables" de Vigo grazas á humanización en marcha da rúa e á nova estación de Urzáiz.

Segundo comentou nunha visita aos traballos de humanización da rúa, a nova estación de ferrocarrís que está a deseñar o arquitecto Thom Mayne para Urzáiz terá o seu acceso á altura de Escultor Gregorio Fernández.

Caballero indicou que a mellora de Escultor Gregorio Fernández inciouse a comezos de febreiro e estará rematada en xuño. O investimento na humanización ascende a 1,13 millóns de euros, "case na súa totalidade" abonada polo Concello, xa que esta reforma está incluida no convenio asinado polo Concello e a Xunta de Galicia para a humanización desta e de Manuel Álvarez e Severino Cobas.

A actuación en Escultor Gregorio Fernández é "unha das obras importantes nesta cidade", asegurou o alcalde, da que xa executouse a mellora do abastecemento e do saneamento. Na superficie, xunto as beirarrúas de granito, a rúa contará con 42 árbores, 24 luminarias e 61 aparcamentos -45 prazas en batería e 16 en línea-. En tres pasos de peóns habilitaranse puntos de luz específicos para ampliar a iluminación e mellorar a seguridade dos peóns.
Descargar todas as imaxes