Escoitar

O alcalde transmitiu ao reitor o "respaldo absoluto" do Concello ao campus de excelencia do mar

Abel Caballero amosou o apoio municipal ao reitor da Universidade, Alberto Gago, na consecución para Vigo do campus de excelencia do mar. En xullo podería haber unha resolución estatal ao concurso, no que Vigo competirá con máis de trinta propostas. Alcalde e reitor defenden asemade que Vigo acolla a Axencia Estatal de Radiocomunicacións e que a cidade sexa "o responsable técnico de toda a rede de minisatélites da Axencia Espacial Europea". <br />

martes, 9 mar 2010
1268143294campusdomar.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, transmitiu este martes ao reitor da Universidade, Alberto Gago, o "respaldo absoluto" do Concello á iniciativa de excelencia do Campus do Mar, no que Vigo competirá con máis de trinta propostas de toda España.

Caballero púxose a disposición da Universidade no que precise para respaldar o proxecto vigués ante o Goberno de España. O alcalde valorou a "boa nova" do apoio da Xunta de Galicia ao proxecto -que comprometeuse a ceder parte dos terreos da ETEA para o Campus-. O alcalde defenderá, tal e como lle solicitou o reitor, o Campus vigués do Mar a nivel nacional.

Segundo explicou Alberto Gago, a Universidade presentará un borrador dunhas 120 páxinas do proxecto de excelencia vigués ao Goberno de España a finais de marzo aproximadamente, cando o Ministerio publique o decreto de convocatoria do concurso. Despois dunha primeira criba, o Estado asignará fondos para definir a "presentación definitiva" da iniciativa, para o que contará con dous meses de prazo. Gago estimou que en xullo podería adoptarse a decisión definitiva.

Vigo competirá con máis de trinta proxectos, entre as que estarán as principais politécnicas de España, entre as que citou a de Sevilla, Valencia, Granada e o País Vasco. Como a cidade olívica, Cádiz e As Palmas presentarán "propostas de mar", que podería ofrecer posibilidades de cooperación con posterioridade.

Vigo, "centro de telecomunicacións de España"
O alcalde e o reitor abordaron tamén outros dous "proxectos excepcionais" para a cidade, que procuran converter a Vigo nun "centro de telecomunicacións en Galicia e en España". Trátase da posibilidade de localizar a Axencia Estatal de Radiocomunicacións na cidade olívica e a constitución dun Consorcio co que Vigo sexa o "responsable técnico de toda a rede de minisatélites da Axencia Espacial Europea".

Sobre a primeira cuestión, ambos mandatarios explicaron que o Ministerio de Industria está actualmente elaborando a folla de ruta da Axencia, o organismo regulador a nivel nacional das telecomunicacións, incluida a designación de frecuencias. Gago e Caballero acordaron que Vigo conta con condicións para converterse en sede dunha entidade que xeraría uns 260 empregos, e o alcalde ofreceu o seu apoio en Madrid para conseguilo.

A Universidade de Vigo contará tamén co respaldo do Concello na constitución dun Consorcio público e privado -coa participación das administracións autonómica e municipal- que permita a Vigo ser o "xestor" dos minisatélites da Axencia Estatal Europea.

Actualmente, Vigo xa conta cunha Facultade de Telecomunicacións e co Centro de Telecomunicacións de Galicia, no que están vencelladas as principais empresas do sector, aos que poderían sumarse o Consorcio e a Axencia de Radiocomunicacións.
Descargar todas as imaxes