Escoitar

Santi Domínguez destaca que 3.600 rapaces participan no programa "Unha lección de cine", que potencia o galego

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, asistiron este martes ao pase da película Pérez II, do programa "Unha lección de cine" que se desenvolve nos Cines Yelmo CinePlex do centro comercial Travesía, e no que participan máis de 300 rapaces e rapazas en cada sesión. Os conceleiros destacaron que ata o final do programa 3.600 nenos e nenas participarán desta proposta, que une dun xeito lúdico cine e lingua.

martes, 9 mar 2010
1268139286lecciondecine.jpg
"Esta iniciativa, impulsada pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Normalización Lingüística, ten por obxectivo que os máis novos poidan gozar dunha xornada de cine ao tempo que escoitan a película na nosa lingua", explicou Santi Domínguez. Salientou a importancia de que o galego se introduza "en todos os ámbitos da nosa vida e chegue ás escenas cotiás", de xeito que asegurou que "Unha lección de cine" é unha actividade que demostra que en galego se pode facer calquera cousa.

A primeira fase do programa está dirixida a estudantes de Infantil e Primaria, e dos máis de 3.000 rapaces e rapazas que está previsto que participen xa se achegaron ao cine máis 1.700. Debido a que esta iniciativa está a ter unha grande aceptación entre os centros escolares foi preciso ampliar o número de sesións previstas. Ademáis, está programada xa unha segunda fase nos meses de outubro e novembro, na que participarán escolares de ensino secundario.

Ademais da película Pérez II, o programa inclúe títulos como O espírito do bosque, Doraemon e o imperio Maya, Gisaku, Nocturna. A proxección da película complétase cunha unidade didáctica para traballar lingua e tamén aspectos transversarias que xurdan da temática da proxección (natureza, saúde, amizade, respecto, igualdade de sexos...).

Tanto o tenente de alcalde como a concelleira de Normalización Lingüística, nas súas intervencións, animaron aos rapaces e rapazas a gozar da sesión e os xogos programados na unidade didáctica, así como a fixarse na lingua na que se fixo a película.
Descargar todas as imaxes