Un pleno no Concello conmemora o Día Internacional da Muller
O Consello Municipal da Muller celebrou hoxe un pleno específico no salón de plenos do Concello de Vigo nunha sesión aberta ao público que serviu para que as representantes de nove asociacións expuxesen as traxectorias dos colectivos desde os seus inicios ata actualidade. A sesión enmarcouse dentro da conmemoración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller, que continuará no resto do presente mes na cidade co desenvolvemento de outras actividades.