O alcalde sinala que "a comezos do próximo ano" estarán listas as instalacións deportivas da ETEA
A Xunta de Goberno Local deu hoxe luns luz verde ao proxecto de reforma do edificio polideportivo da ETEA para á súa apertura ao público, que inclúe o acondicionamento da pista, da piscina e dos "elementos febles" da estrutura. A inversión suma 848.000 euros, financiada por Zona Franca, e as obras estarán rematadas "a finais deste ano, comezos do próximo", tal e como adiantou Abel Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que as instalacións deportivas da ETEA estarán listas para o seu uso público "a finais deste ano, comezos do próximo", despois de ser hoxe aprobado o proxecto de reforma e acondicionamento do polideportivo.
O goberno local validou esta mañá o proxecto en sesión ordinaria da Xunta de Goberno por valor de 848.000 euros, sufragados por Zona Franca segundo o convenio asinado coa entidade que dirixe Teresa Pisano. O alcalde detallou que a reforma prevé o acondicionamento da pista deportiva, da piscina o dos "elementos febles" da estrutura do edificio, cara á súa apertura ao público.
Segundo indicou Caballero, o edificio manterá tras a reforma os dous usos principais do mesmo, a pista polideportiva e a piscina, con dous núcleos, dúas entradas e dous graderíos independentes. Xunto ao pavillón, o alcalde aseverou que acondicionarase igualmente o campo de fútbol con herba natural.
"Puxemos un gran empeño na ETEA", asegurou Abel Caballero, quen destacou que a aprobación do proxecto de reforma do polideportivo vense unir á apertura dunha parte da antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada para "dominio público". A sinatura do convenio foi unha "magnífica decisión para a cidade de Vigo", subliñou o primeiro edil, pois supuxo para a cidade obter 50.000 metros cadrados de terreos -valorados en 15 millóns de euros- e as instalacións deportivas da ETEA aptas para uso cidadá con "custo cero" para o Concello.
Campus do Mar
A outra parte dos terreos da ETEA son de titularidade autonómica, e o alcalde abogou por que a Xunta de Galicia asigne ese espazo ao proxecto de campus de excelencia impulsado pola Universidade de Vigo. Pola súa banda, Abel Caballero aseverou que está en conversas co Goberno de España para que éste apoie o proxecto de investigación e innovación vigués.
Descargar todas as imaxes