mércores, 10 mar 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou este mércores unha nova liña de promoción turística de Vigo específica para as familias, co obxectivo de que coñezan a cidade en tres días, cunha proposta para os meses de verán e outra para o resto do ano. O concelleiro destacou que esta iniciativa, "orixinal e imaxinativa" segundo a calificou, forma parte do Plan de Competitividade Turística mediante a cal Vigo busca o seu oco "singularizándose".
mércores, 10 mar 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este mércores que o seu departamento conta cun novo servizo de tradución e interpretación destinado ás persoas inmigrantes, que xa comezou a funcionar a semana pasada na propia Oficina Municipal de Inmigración e nas unidades de traballo social (UBAS). A edil salientou que ao longo do 2009 esta oficina atendeu un total de 1.044 persoas, especialmente para tramitar os permisos de residencia, traballo, visados, adquisición de nacionalidade e reagrupamento familiar. A poboación estranxeira censada en Vigo é de 17.370 persoas, un 5,8% da poboación total. <br />
mércores, 10 mar 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que o Concello de Vigo e o consulado da República de Arxentina en Vigo realizarán actos conxuntos nas celebracións dos seus respectivos Bicentenarios.
mércores, 10 mar 2010
O Festival Alternativo das artes escénicas de Vigo ponse a andar este xoves, 11 de marzo, en varios escenarios e rúas da cidade que por un espazo de tempo convertese nun referente do traballo experimental, a escena libre, os novos creadores e as linguaxes afastadas dos estereotipos mediáticos. O programa deste evento iníciase a partir das 14 horas no espazo entrada ó teatro da Cidade Universitaria coa posta en escena de Exstrada, da compañía francesa Etxea.
mércores, 10 mar 2010
O Servizo de Educación do Concello de Vigo organiza no marco do Programa Educativo Municipal "AULAS INTERNACIONAIS", unha nova edición da iniciativa didáctica "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" coa finalidade de ofertar á comunidade educativa diversas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia en lingua inglesa. A actividade "Coñezamos a cidade/Get to know your town" son visitas didácticas ó Castro, Casco Vello, Vigozoo e Zona Marítima, na que participarán 1200 escolares de 2º e 3º ciclo de primaria de 33 centros de ensino da nosa cidade.
mércores, 10 mar 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou esta tarde o Centro de Educación Infantil Mestres Goldar ónde compartiu mesa cos escolares e membros do colexio. O rexidor local realizou previamente un percorrido polas instalacións do colexio para pasar despóis ao comedor escolar. O alcalde estivo acompañado pola concelleira de Educación, Laura López Atrio, e polo director do CEIP, entre outros.