Educación programa 30 visitas didácticas en inglés da actividade "COÑEZAMOS A CIDADE / GET TO KNOW YOUR TOWN"
O Servizo de Educación do Concello de Vigo organiza no marco do Programa Educativo Municipal "AULAS INTERNACIONAIS", unha nova edición da iniciativa didáctica "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" coa finalidade de ofertar á comunidade educativa diversas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia en lingua inglesa. A actividade "Coñezamos a cidade/Get to know your town" son visitas didácticas ó Castro, Casco Vello, Vigozoo e Zona Marítima, na que participarán 1200 escolares de 2º e 3º ciclo de primaria de 33 centros de ensino da nosa cidade.
Esta iniciativa didáctica desenvolverá entre marzo e maio, en horario lectivo escolar de 10:00 a 12:00 hs, a actividade "COÑEZAMOS A CIDADE / GET TO KNOW YOUR TOWN", a través da dinamización de 30 visitas didácticas aos seguintes centros de interese: Castro, Casco Vello, Vigozoo, e Zona Marítima, onde o equipo pedagóxico integrado por catro persoas nativas que guiará o itinerario didáctico, fomentará a práctica da lingua inglesa fóra da aula, coa finalidade de que sexa integrada polo alumnado en situacións de comunicación real, e para reforzar a compresión auditiva e expresión oral dos escolares. Esta actividade dinamizada por persoal nativo e bilingüe da empresa "Schoolhouse", pretende propiciar un contacto gratificante coa lingua inglesa e a creación dun verdadeiro contexto de inmersión linguística, na procura de mellorar os hábitos e técnicas de comunicación oral, ademais de facilitar a labor do profesorado por supor un factor extra de motivación no alumnado para a aprendizaxe desta lingua.
Para traballar previamente na aula, cóntase cun elaborado material didáctico motivacional interdisciplinar (coñecemento do medio, lingua estranxeira, historia, música ...) que serve ao profesorado e alumnado para tirar o máximo rendemento educativo desta iniciativa.
Coa implementación de "Vigo Activities 2009-2010", a Concellería de Educación continúa as actividades dirixidas a fomentar a capacitación óptima e satisfactoria do alumnado en lingoa inglesa que propicie situacións de comunicación lúdicas próximas á realidade do alumnado.
Descargar todas as imaxes